Saltar al contenido
NATLETRASLetras del mundo

«¡Válgate Dios» es una canción de Poemas en gallego (dominio público).

II

--¡Válgate Dios, Qu’ inda os figos son duros! ¡Mais qué fartiña En estando maduros!

—

Él e máis eu Y á comadre d’ abaixo, Hemos de ter Qu’ alargar ó refaixo.

—

Rica figueira, Que Dios te bendiga, Qu’ ásme, abofé, De fartar á barriga.

—

--¡Jey!, ó d’ os ovos Que vás de camiño, ¿Cántas duciñas Topache no niño?

—

--¡Unha no máis! --¡No me teño c’ á risa! Es’ ech’ un conto Que vay par’ á misa.

—

Dam’ acá seis, Qu’ un fricol che faría, Qu’ ô mesmo rey Qu’ envidiar lle daría.

—

Xa que non qués No camiño che colla Vento de vira, C’ un saco de molla.

Autoría y créditos: Castro, Rosalía de, 1837-1885 · Dominio público · Dominio público (Project Gutenberg #59037). Fuente: https://www.gutenberg.org/ebooks/59037

Sugerir una corrección o traducción