«Vente, rapasa» es una canción de Poemas en gallego (dominio público).
I
--Vente, rapasa, Vente, meniña, Vent’ á lavar No pilón d’ á fontiña.
—
Vente, Minguiño, Minguiño, vente, Dóuche sinon Pó-lo demo do dente.
—
¡Qu’ augua tan limpa! ¡Qué rica frescura! Vent’ á lavar Qu’ é un primor, criatura.
—
Válgame Dios, Que si auguiña n’ houbera, Lama este corpo Mortal se volvera.
—
Vinde á lavarvos, Andá lixeiriños, A cara pirmeiro, Dimpois os peïños.
—
¡Ay!, ¡qué meniña! ¡Qué nena preciosa! Dempois de lavada Parec’ unha rosa.
—
Y este meniño Que teño no colo, Dempois de lavado Parec’ un repolo.
—
¡Ay!, ¡qué tan cuco! ¡Ay!, ¡qué santiño! Ven ôs meus brazos Dareich’ un biquiño.
—
¡Olliños de groria! ¡Cariña de meiga! ¡Apértame ben, Coraçón de manteiga!
—
Corre, corre A qu’ Antona te peite, Corre, daráche Unha cunca de leite.
—
Corre, corre A teu pay, Mariquiña, Que come cebola Con pan e sardiña.
Autoría y créditos: Castro, Rosalía de, 1837-1885 · Dominio público · Dominio público (Project Gutenberg #59037). Fuente: https://www.gutenberg.org/ebooks/59037